O noso Centro

Unha biblioteca con máis de 50 anos de historia, construída e mantida pola veciñanza.


10/05/2022

Arquivo xornalístico

  O Centro Cultural, Artístico e recreativo de Valladares mantén un arquivo de dende 1991. Este arquivo xa vai estando a vosa disposición en soporte dixital.

O noso arquivo é a memoria da traxectoria parroquial onde poderedes atopar artigos da prensa local referidos as actividades socioculturais, artigos sobre cuestións veciñais, comunais e medioambientais e incluso artigos de prensa que refiren a actividade deportiva de Valadares. Gardamos os cateis da publicidade das actividades desenroladas, e tamén pequenas publicacións ou folletos relacionados.


Na consulta dos arquvos, é importante ter en conta que mantemos unha orde cronolóxica descendente, é dicir: primeiro aparecerán as actividades desenroladas no mes de decembro e ao final, as desenroladas no mes de xaneiro dese mesmo ano.

Se precisas consultar actividades de anos que aínda no aparecen neste Blog, podedes consultar as carpetas do noso arquivo en papel.