Visualizacións de páxina totais

O noso Centro

Unha biblioteca con máis de 50 anos de historia, construída e mantida pola veciñanza.


5/28/2025

A biblioteca

 



           Ola!


  Son a Biblioteca do Centro Cultural de Valladares

   Fai tempo que non te pasas por aquí e comezo a botarte de menos. Ademais, caín na conta que tes algún dos meus libros na túa casa, quizais xa lido e esquecido nun caixón; sen tempo para lelo. Agradecería, se atopas un bocadiño de tempo, pases por aquí e o deixes na caixa de devolucións. Así o resto das persoas que me veñen visitar poderán desfrutar tamén destas historias que se atopan entre as miñas paredes, e ti poderás levarte unha nova.

Moitas grazas.

A Biblioteca.