Visualizacións de páxina totais

O noso Centro

Unha biblioteca con máis de 50 anos de historia, construída e mantida pola veciñanza.


6/19/2014

Campaña de recollida de libros

Iniciamos a II Campaña de Recollida de Libros de Texto de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria dirixida a alumn@s dos centros escolares da parroquia e organizada pola Biblioteca del Centro Cultural e Veciñal de Valladares.
A iniciativa da presidencia do CVCV, en setembro de 2013 iniciouse a  I Campaña para ou curso 2013- 2014, na que trece persoas entregaron un total de 119 libros de texto, e acudiron 8 solicitantes, dos  cales, 5 recibiron en total 19 libros de texto de balde.
Repetimos a iniciativa este ano coordinándonos cos Centros Educativos e coas ANPAS dos mesmos, podendo deste modo, chegar a máis persoas, coa finalidade de que aqueles alumnos que xa no vaian a usar os seus libros de texto poidan poñelos a disposición daqueles os precisen para o vindeiro curso.

Os libros poderán entregarse na biblioteca ou na secretaría do CVCV en horario de 10 a 22 horas ata o venres 29 de agosto de 2014, e as persoas que os precisen, poderán solicitalos a partires desta cubrindo un formulario. 

A entrega de libros dependerá da disponiblidade dos mesmos, e farase en función da data de solicitude, tendo prioridade aquelas familias socias do Centro Veciñal e das ANPAS dos Centros.

O noso horario é de luns a venres de 9:30 a 14:30 h. e de 15:30 a 21:30 h.
                                                                                Esperámoste!!

** Nota de útima hora: Debido á nova normativa, este Banco de Libros só funcionará este verán, e unicamente recollerá libros de 4º e 6º de primaria.