Non o penses máis, ponte a ler!, este mes de xuño inauguramos o
noso Punto de Lectura na cafetería.
No expositor temos libros, cómic e revistas, que poderás
coller cando queiras para ler, ben na mesa que temos preparada, ben noutro
lugar da cafetería.
Iremos trocando os exemplares do expositor todos os meses para que sempre teñas lecturas novas.
Se tés algunha dúbida ou suxerencia podes falar coa bibliotecaria. Se tes ganas
de ler e non atopas unha lectura do teu gusto, a biblioteca pode que conseguir a
lectura que desexas, fala con nós. Tamén podes utilizar o buzón de suxerencias
que está na biblioteca.
Ah, e non te esquezas de ter coidado cas bebidas e as comidas.
Coidar os
libros é cousa de tod@s!