Visualizacións de páxina totais
Unha biblioteca con máis de 50 anos de historia, construída e mantida pola veciñanza.
5/12/2020
4/20/2020
Curiosidades da historia
Desde o Blog da Biblioteca, queremos compartir cos nosos e nosas lectoras curiosidades da historia da nosa parroquia.
Para empezar, citámosvos o texto dun dos libros cos que contamos no noso fondo local, dispoñible para ser consultado, confiando en que vos resultará de gran interese."S. Andrés de Valladares. Aunque en el siglo XIII se llamaba con el mismo nombre que tiene en la actualidad; sin embargo se nombraba más comúnmente Valadares, y todavía muchos naturales del país, y con especialidad los vecinos de la parroquia la denominaban de este último modo. En el siglo XV parece que era anejo de Sta. Marina de Vincios, con quien confina. Valladares es cabeza de marquesado del propio nombre, con título de villa, y fué instituído en 4 de Abril de 1673 a favor de D. Luis de Valladares Meira y Sarmiento, que era viz-conde de Meira desde 2 de Diciembre de 1669. Los diezmos de esta parroquia importaban 33.3.. rs; de los que llevaba el Aba 11.300 y los restantes el cabildo cetedral de Santiago. Los marqueses de este nombre presentan dicho beneficio".
Taboada y Leal, N., (1977). Descripción topográfico-histórica de la ciudad de Vigo, su ría y alrededores, Vigo :Excmo. Ayuntamiento.
*Reprod. facs. da ed. de: Vigo : imprenta de la Viuda e Hijos de Campañel, 1840.
3/10/2020
12/22/2019
11/14/2019
11/04/2019
10/10/2019
Equipo da biblioteca :
Ariadna, Isa, Eva, Tere,
bibliotecaria e voluntarias
nesa orde.
Ariadna: entrega e paixón en
todo o que fai e o máis importante
"difunde esa enerxía".
Isa: o seu corazón está cheo de
recunchos onde haí espazo
para todos/as.
Eva: é o que sente e como o sente
Tere: é alegria, paz e benestar.
10/08/2019
6/19/2014
Punto de lectura
Non o penses máis, ponte a ler!, este mes de xuño inauguramos o
noso Punto de Lectura na cafetería.
No expositor temos libros, cómic e revistas, que poderás
coller cando queiras para ler, ben na mesa que temos preparada, ben noutro
lugar da cafetería.
Iremos trocando os exemplares do expositor todos os meses para que sempre teñas lecturas novas.
Se tés algunha dúbida ou suxerencia podes falar coa bibliotecaria. Se tes ganas
de ler e non atopas unha lectura do teu gusto, a biblioteca pode que conseguir a
lectura que desexas, fala con nós. Tamén podes utilizar o buzón de suxerencias
que está na biblioteca.
Ah, e non te esquezas de ter coidado cas bebidas e as comidas.
Coidar os
libros é cousa de tod@s!
Campaña de recollida de libros
Iniciamos a II Campaña de Recollida de Libros de Texto de Educación Infantil, Educación Primaria e
Educación Secundaria dirixida a alumn@s dos centros escolares da parroquia e
organizada pola Biblioteca del Centro Cultural e Veciñal de Valladares.
A
iniciativa da presidencia do CVCV, en setembro de 2013 iniciouse a I Campaña para ou curso 2013- 2014, na que
trece persoas entregaron un total de 119 libros de texto, e acudiron 8
solicitantes, dos cales, 5 recibiron en
total 19 libros de texto de balde.
A entrega de libros dependerá da disponiblidade dos mesmos, e farase en función da data de solicitude, tendo prioridade aquelas familias socias do Centro Veciñal e das ANPAS dos Centros.
O noso horario é de luns a venres de 9:30 a 14:30 h. e de 15:30 a 21:30 h.
Esperámoste!!
** Nota de útima hora: Debido á nova normativa, este Banco de Libros só funcionará este verán, e unicamente recollerá libros de 4º e 6º de primaria.
5/30/2014
O vento e o sol

"O vento e o sol" foi o último contacontos do curso 2013 - 2014.
![]() |
Galería de fotos |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)